Curso Online xogamos na mesa de luz

Como nos pedistedes  moitas  e moitos de vós pola imposibilidade de achegarvos á tenda, imos lanzar un curso que poderedes facer desde a vosa casa. Tanto se tedes caixa de luz ou queredes aprender a empregala podes anotarvos e ver así as diferentes posibilidades que ofrece este recurso educativo.

Como faremos o curso?

  • Vos enviaremos por correo electrónico os temas en documentos pdf. Cada tema se complementará con fotografías, actividades, e tutoriais.
  • Durante o tempo que dura o curso abriremos un grupo privado no facebook no que compartiremos dúbidas, actividades e información adicional na rede.
  • Tutorías personalizadas. PicsArt_01-14-10.45.46

Cales serán os temas?

  1. Que é a caixa de luz? Que nos aporta? Aspectos a ter en conta para o seu aproveitamento.
  2. Búsqueda de materiais para empregar na mesa de luz. Que materiais serven? Cales nos serán máis útiles?. Como facelos?.
  3. Motricidade fina: como realizar actividades na mesa de luz para axudar á motricidade fina, actividades de lecto-escritura. Transvases e clasificacións.
  4. Matemáticas, seriacións numéricas e formas xeométricas. Aprenderemos a traballar con números e series, tangram, clasificación, conxuntos e recoñecemento de formas xeométricas.
  5. Experimentación científica. Os líquidos, texturas e densidades son unha experiencia única na mesa de luz. Tubos, probetas e pipetas para investigar coas ciencias.
  6. Mundo sensorial. Elaboraremos botellas, bandexas e bolsas sensoriais para xogar na mesa de luz.
  7. Creatividade e arte. A mesa de luz é un recurso que invita a crear tanto libremente como apredendo técnicas e autores da historia da arte. Pintar, xogar e crear.
  8. Construcción: a cor pon maxia as estructuras que se elevan na caixa de luz tanto con materias tránslucidos como con ópacos.
  9. Xogo libre que tan importante é. Aprenderemos a escoller materiais ou propoñer un escenario no que xogar. Ou simplemente observar.
  10. Contos. A narración de historias convírtese nun momento máxico na mesa de luz. Como contar contos na mesa de luz: materiais e modos. Teatros de sombras e máis ideas a cerca de narrar con luz.
  11. Exemplos de actividades e xogos. Actividade final.

Como me anoto?

Enviándonos un correo a info.chafaris@gmail.com co voso nome e apelidos, email e idade do neno ou nena. Nós vos remitiremos un número de conta para realizar o ingreso ou transferencia.

Quen pode anotarse?

Todos e todas os que estedes interesados en descubrir recursos para traballar na mesa de luz con nenos de 2 a 6 anos. Non enviamos ningún tipo de título ou acreditación por realizar o curso.

Cal é a duración?

O curso comezará o luns 24 de xaneiro e rematará o 1 de febreiro.

Cal é o prezo?

20 .

Cando me poido anotar?

Do 14  ao 21 de xaneiro.

Nº de prazas: 20

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s