Día internacional do Libro: Un libro o mellor agasallo

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e non hai mellor excusa para agasallar un libro, ¿non vos parece?

Os libros son tesouros…. e deberían estar en todas os recunchos de xogos dos nenos porque sí tamén son parte do xogo (aprendizaxe) desde idades tempranas.

Desde o venres 22 ata o sábado 23 de abril podedes aproveitar o noso desconto especial…

libros 5%

E que como sabedes somos grandes amantes dos libros, e pasamos moitas moitas horas buscando xoias, tesouros,… novedades ou reedicións,…. os libros non entenden de modas!.

No noso pequeno recuncho de lectura os libros sempre van cambiando… non nos gusta moito a monotonía.. Sentímolo!. Así que dos que temos agora en tenda queremos recomendarvos algúns…

  • Para os máis pequerrechos, que o levan todo a boca, que gozan co estímulo visual e tactil, libros que poden tocar, manchar, e xogar,… porque a lectura comeza por ahí.. Xogar coa imaxe e a palabra.
  • A partir de 3 anos, xa comeza a curiosidade pola historia, pola ilustración,… pero sen esquecer o xogo. Letras, números, animais, pop-up e con solapas son os que máis chaman en xeral a súa atención nesta idade.
  •  Álbum ilustrado para leer en familia, desfrutar da ilustración e recontar a historia. Sempre agochan algunha sorpresa, só é cuestión de observar moi ben.
  • Libros que non pasan de moda polas mensaxes  de valores que transmiten como amor, amizade, morte, igualdade e desigualdade. Libros para ter na biblioteca dos miúdos.
  • Para nenos curiosos, sedentos de curiosidade, que gozan descubrindo novos temas. Desde o universo, os animais, as máquinas, o mundo, o paso do tempo,…. en definitiva nenos inquedos por saber.
  • Para reflexionar, para nenos ou familias ás que lles gusten abordar temas filosóficos como a liberdade, o ser, o individuo, a existencia,…. libros que invitan a charlar en familia sobre temas existenciales.
  • E para que os xa leen un conto sós antes de dormir… para nenos de +10 de anos, libros para fomentar e cubrir  a necesiadade innata de aprender e descubrir…
  • E non podía faltar para os amantes da música, sobre todo rockeiros,…
  • E para rematar… ese xénero que semella esquecido pero que a moitos engancha, o cómic.

Non esquezades facervos con algún libro do autor homenaxeado nas nosas letras, Carlos Casares.

Pasade polo noso Chafarís que algunha sorpresiña haberá…..

Saúdos!

E se vos gustou non deixedes de compartir!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s