Chegou Don Entroido…..

Vai chegando o tempo de disfrazarse .. as rúas énchense de  personaxes televisivos e comerciais… unha sucesión de disfraces repetitivos… son poucos os disfraces creativos e orixinales ¡que monotonía!.. todos parecen clonados.

Volvémonos tolos buscando ese disfraz… e o Entroido é unha festa creativa, chea de cor, maxia e ledicia. E que xa o decía  Gianni Rodari en Gramática de la fantasía :

“El juego de disfrazarse, aparte de su importancia simbólica, resulta siempre muy divertido por los efectos grotescos que conlleva. Es teatro: ponerse en el pellejo de otros, hacer un papel, inventarse una vida, descubrir nuevos gestos” para recrear un mundo imaxinario, para xogar a ser, para moldear a realidade e deixar paso á fantasía. Deixar voar a imaxinación e deixarse guíar pola diversión. Eso é o que buscamos no noso Chafarís… que os disfraces estén presentes na casa, todo o ano, porque disfrazarse é un xogo simbólico-imitativo a través do que imitan situacións ou profesións, crean as súas propias personaxes reais ou fictias, representan o seu día a día, ensaian roles, personifican animais, establecen relacións sociais posibles ou ” imposibles”, expresarse, emocionarse, imaxinar,… un xogo moi completo no co que se desenrola o campo verbal, expresivo, social e creativo…..polo que vos recomendamos (se non o tedes xa) un baúl, caixa, ou espazo con disfraces na súa área de xogo para que experimenten e xoguen con eles.

Princesas, príncipes, superhéroes ou superheroínas, piratas, astronautas, , bruxas ou bruxos, magos, indias ou indios, médicos, ciruxanos,  xoaniñas, bombeiros, dinosaurios, fadas, bolboretas,…… personalizados e diferentes.

¿Que ides atopar no noso Chafarís?

  1. Capas, a maioría reversibles para desfrutar o dobre.. Capas simples ou con accesorios que permitan aos nenos vestirse como eles se sintan cómodos e xogar a ser… Unha boa maquillaxe na cara e xa temos o disfraz listo!.

2. Complementos para algún disfraz que teñades pola casa ou para personalizar o disfraz como máis vos guste.

3. DYI, faino tú mesmo, personaliza pintando e decorando as tuas ás, tutú, capa,… etc.

4. Ou se preferides un disfraz completo.. tamén atoparedes en Chafarís cousiñas como… entre outros:

E máis en tenda..

Propoñémosvos un xogo.

A caixa dos disparates:

Para esta actividade necesitamos:

– Unha caixa ou baúl.

– Roupas e complementos vellos.

– Follas de papel o cartulinas.

– Unha bolsa.

Dentro da caixa ou baúl colocamos diferentes prendas de vestir e obxetos (sombreiro, sábana, peluca, variña, parche, pano, bufanda, saia, bolso,…. en definitiva aquilo que teñamos pola casa e sirva para a actividade). Nunha bolsa introduciremos pequenas tarxetas con palabras ou dibuxos. Collemos un elemento da caixa e unha tarxeta, con estos dous elementos tal vez disparatados teremos que construír unha micro historia, inventar unha utilidade, intentar relacionalos ou simplemente improvisar,…

As historias ou improvisacións serán absurdas i extravagantes. É unha actividade que potencia a imaxinación e desenrola a creatividade, mentres se traballa a reflexión, improvisación, decisión, vocabulario, linguaxe expresivo e dicción.

Que a vida é un carnaval cheo de comparsas de alegría, contaxiádevos da súa maxia e a volar polas rúas inundadas de cor… e si podedes poñede unha pizquiña de creatividade!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s