Curso Online xogamos na mesa de luz

Como nos pedistedes  moitas  e moitos de vós pola imposibilidade de achegarvos á tenda, imos lanzar un curso que poderedes facer desde a vosa casa. Tanto se tedes caixa de luz ou queredes aprender a empregala podes anotarvos e ver así as diferentes posibilidades que ofrece este recurso educativo.

Como faremos o curso?

  • Vos enviaremos por correo electrónico os temas en documentos pdf. Cada tema se complementará con fotografías, actividades, e tutoriais.
  • Durante o tempo que dura o curso abriremos un grupo privado no facebook no que compartiremos dúbidas, actividades e información adicional na rede.
  • Tutorías personalizadas. PicsArt_01-14-10.45.46

Cales serán os temas?

  1. Que é a caixa de luz? Que nos aporta? Aspectos a ter en conta para o seu aproveitamento.
  2. Búsqueda de materiais para empregar na mesa de luz. Que materiais serven? Cales nos serán máis útiles?. Como facelos?.
  3. Motricidade fina: como realizar actividades na mesa de luz para axudar á motricidade fina, actividades de lecto-escritura. Transvases e clasificacións.
  4. Matemáticas, seriacións numéricas e formas xeométricas. Aprenderemos a traballar con números e series, tangram, clasificación, conxuntos e recoñecemento de formas xeométricas.
  5. Experimentación científica. Os líquidos, texturas e densidades son unha experiencia única na mesa de luz. Tubos, probetas e pipetas para investigar coas ciencias.
  6. Mundo sensorial. Elaboraremos botellas, bandexas e bolsas sensoriais para xogar na mesa de luz.
  7. Creatividade e arte. A mesa de luz é un recurso que invita a crear tanto libremente como apredendo técnicas e autores da historia da arte. Pintar, xogar e crear.
  8. Construcción: a cor pon maxia as estructuras que se elevan na caixa de luz tanto con materias tránslucidos como con ópacos.
  9. Xogo libre que tan importante é. Aprenderemos a escoller materiais ou propoñer un escenario no que xogar. Ou simplemente observar.
  10. Contos. A narración de historias convírtese nun momento máxico na mesa de luz. Como contar contos na mesa de luz: materiais e modos. Teatros de sombras e máis ideas a cerca de narrar con luz.
  11. Exemplos de actividades e xogos. Actividade final.

Como me anoto?

Enviándonos un correo a info.chafaris@gmail.com co voso nome e apelidos, email e idade do neno ou nena. Nós vos remitiremos un número de conta para realizar o ingreso ou transferencia.

Quen pode anotarse?

Todos e todas os que estedes interesados en descubrir recursos para traballar na mesa de luz con nenos de 2 a 6 anos. Non enviamos ningún tipo de título ou acreditación por realizar o curso.

Cal é a duración?

O curso comezará o luns 24 de xaneiro e rematará o 1 de febreiro.

Cal é o prezo?

20 .

Cando me poido anotar?

Do 14  ao 21 de xaneiro.

Nº de prazas: 20

 

 

 

Anuncios

1, 2, 3 xaaaa

Primeiro pedirvos desculpas por levar tanto tempo sen escribirvos por aqui, non nos chegan os días.

No noso Chafarís non hai rebaixas pero si xogos con descontos e superprezos!. Así que comezamos!!!. Estades preparados?. ATENCIÓN ESTE LUNS 30 de xaneiro no noso Facebook lanzamos ofertÓns se o pillas será teu.

No noso facebook durante este venres e sabádo aparecerá por sorpresa un o varios productos de promoción con un superprezo pero atención ese prezo irá subindo tamén por sorpresa ata o seu PVP, se estades atentos e vos interesa tedes que berrar nun comentario MEUUUUU (ou por privado ou teléfono, como prefirades). Son ofertas flash e durarán un número determinado de horas polo que haberá que pagalos ou recollelos nun máximo de 48 h. Facemos envíos a toda Galicia con un custo añadido de 6 euros para compras inferiores a 50 .

Que vos parece? Comezamos?.

 

O xogo da puxa

Boas!.

Como xa sabedes estamos de aniversario…. e como o mes máxico esta a piques de rematar… temos preparada unha sorpresaaaaa!

O xogo da puxa

ATENCIÓN ESTE LUNS 30 de xaneiro no noso Facebook lanzamos ofertÓns se o pillas será teu.

O luns 29 de maio algo vai pasar no Facebook. ¿Que será?

Deberedes estar moi atentos ás publicacións xa que imos lanzar unha serie de productos cun prezo de saída, o xogo consiste en que se vos interesa compralo tedes que superar ese precio, como unha subasta e ir puxando ata que o producto quede asignado a alguén.

Recordade pola mañá sairán catro productos polos que podedes puxar individualamente ata 24 horas despois de que se publique, e o mesmo pola tarde.

Todas os productos adquiridos na puxa deben recollerse o mesmo martes 30 de Maio ou nun máximo de 24 horas. No caso de que non vivades en Santiago de Compostela terán que ser pagadas no mesmo prazo para a súa custodia. Non faremos envíos.

Así que si tedes cumpreanos á vista, comunións, bautismos ou simplemente queredes aproveitar non vos despitedes que é unha boa oportunidade… xa que poderedes conseguir productos por un prezo moi inferior.

É fácil non?. Que vos parece?  Quedanvos dúbidas?.

Bicos con mel.

Chafarís.

Un ano xa

O 27 de maio cumprimos un ano e queremos celebralo con vós e para vós.

Ese 27 de maio de 2016 andabamos tan nerviosos e ilusionados…. houbo tanta xente que a emoción invadiunos cando chegamos á casa. Os nervios previos, a tensión e a expectación convertéronse nunha montaña de ilusión por un proxecto vivo.

Un ano de ilusións,

Un ano de emocións,

Un ano de traballo,

Un ano de recompesas,

Un ano intenso… no que só podemos darvos as Grazas de corazón.

E para celebralo temos programado un sorteo de aniversario no noso facebook. ¿recordades o noso primeiro escaparate?

O sorteo vai totalmente vinculado a él. …..Un teatro de contos en forma de tríptico de 115 x 110 x 5 cm para xogar a contar e inventar en familia.

Esperamos que vos guste.

sorteo aniversario

E o venres 26 de maio pola tarde faremos unha merendola na que haberá sorpresa, quedades convidados para picar algo e  xogar!!! ¿que faremos? ahhh sorpresiña… é de balde por suposto, eso sí o aforo é limitado polo tamaño da tenda.

Venres 26 de maioVén a merendar a Chafaríse por supodto a xogar ¿a que_

Esperámosvos!

E non esquezades compartir para axudarnos na difusión.

Grazas por todo!.

Bicos e contos.

Día internacional do Libro: Un libro o mellor agasallo

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e non hai mellor excusa para agasallar un libro, ¿non vos parece?

Os libros son tesouros…. e deberían estar en todas os recunchos de xogos dos nenos porque sí tamén son parte do xogo (aprendizaxe) desde idades tempranas.

Desde o venres 22 ata o sábado 23 de abril podedes aproveitar o noso desconto especial…

libros 5%

E que como sabedes somos grandes amantes dos libros, e pasamos moitas moitas horas buscando xoias, tesouros,… novedades ou reedicións,…. os libros non entenden de modas!.

No noso pequeno recuncho de lectura os libros sempre van cambiando… non nos gusta moito a monotonía.. Sentímolo!. Así que dos que temos agora en tenda queremos recomendarvos algúns…

  • Para os máis pequerrechos, que o levan todo a boca, que gozan co estímulo visual e tactil, libros que poden tocar, manchar, e xogar,… porque a lectura comeza por ahí.. Xogar coa imaxe e a palabra.
  • A partir de 3 anos, xa comeza a curiosidade pola historia, pola ilustración,… pero sen esquecer o xogo. Letras, números, animais, pop-up e con solapas son os que máis chaman en xeral a súa atención nesta idade.
  •  Álbum ilustrado para leer en familia, desfrutar da ilustración e recontar a historia. Sempre agochan algunha sorpresa, só é cuestión de observar moi ben.
  • Libros que non pasan de moda polas mensaxes  de valores que transmiten como amor, amizade, morte, igualdade e desigualdade. Libros para ter na biblioteca dos miúdos.
  • Para nenos curiosos, sedentos de curiosidade, que gozan descubrindo novos temas. Desde o universo, os animais, as máquinas, o mundo, o paso do tempo,…. en definitiva nenos inquedos por saber.
  • Para reflexionar, para nenos ou familias ás que lles gusten abordar temas filosóficos como a liberdade, o ser, o individuo, a existencia,…. libros que invitan a charlar en familia sobre temas existenciales.
  • E para que os xa leen un conto sós antes de dormir… para nenos de +10 de anos, libros para fomentar e cubrir  a necesiadade innata de aprender e descubrir…
  • E non podía faltar para os amantes da música, sobre todo rockeiros,…
  • E para rematar… ese xénero que semella esquecido pero que a moitos engancha, o cómic.

Non esquezades facervos con algún libro do autor homenaxeado nas nosas letras, Carlos Casares.

Pasade polo noso Chafarís que algunha sorpresiña haberá…..

Saúdos!

E se vos gustou non deixedes de compartir!

10 agasallos para o Día do Pai

Achégase o día do pai e comezamos a pensar no agasallo para papá….

¿Cal podería ser un agasallo orixinal co que compartir tempo? Ese que tanto falta, e que tanto botan en falta os nenos. Tempo para xogar xuntos, para correr, para observar, para bailar,…. para o que máis nos guste. Pois velaí van as nosas recomendacións:

  1. Un xogo…

1400587775747_70459972

Concept, un xogo visual no que mediante a combinación de iconos universais non é preciso falar para comunicarse. Con reglas sinxelas, o obxectivo do xogo é describir unha frase, palabra ou idea combinando iconos visuais do tableiro.

Contén 1 tableiro, 110 cartas, un recipiente de almacenamiento, 39 fichas (27 simples e 12 dobles), 47 peones de plástico e instruccións de xogo. Un xogo moi versátil co que traballar a comunicación, entrenar o pensamento visual e a intelixencia emocional.

A partir de 10 anos.

THINKO_KIBO_FACTORY_400px_3.jpg

Thinko, un xogo divertido e moi creativo no que é preciso poñer a proba a imaxinación. Elixe unha escena, un obxecto e en moi pouco tempo debes pensar ata 5 usos non habituais de ese obxecto. As opcións que se inventan pode ser  moi curiosas e divertidas. Por exemplo: Para que sirve unha chave nunha cociña?…

Idade recomendada de 8 en diante. Made in Spain

2630 Ajedrez y Acc(15)-1067x800

Algún papá amante do axedrez por ahí?. Pois está é unha edición de luxo para aprender aos máis pequenos e descubrir este xogo que surxiu en Europa no S. XV. Estratexia, matemática e táctica para compartir tardes enteiras. Made in Spain.

2.  Quebracabezas e puzzles..

Rompecabezas-Marusenko-Spheres

Marusenko, un puzzle 3D esférico e secuencial de Diseño, Inxeniería, fabricación e calidade 100% España. Sin adhesivos nin  elementos metálicos.

51V7MuJkttL._SY355_V-Cube recordando á sua infancia cos cubos de rubik, pero con V-cube máis lixeiro e cunha rotación máis doada.

3. Un libro…

shopping Un libro para facer o noso propio álbum coas fotografías e datos que máis nos gusten vividos con papá.

bob dylan  keith-richards-gus-y-yo-22-11-14 Para aprender xuntos sobre temas que vos apasionen.

4. Un LP…

Para papás nostálxicos e moi amantes da música, un Lp para escoitar, bailar ou simplemente desfrutar en compañía.

5. Unha lámina de edición limitada para dar vida e decorar o seu recuncho preferido.

6. Unha libreta-pizarra para os papás amantes do debuxo.

índice

7. Para papás arquitectos, inxeñeiros ou que lles guste moito argallar con pezas, un xogo de viaxe con pezas de madeira magnética.

images

8. Para os papás “puzzleros”…

9. Para papás artistas… un xogo de escultura

6783-DEFAULT-l

10. Para papás creativos, un xogo para poñer a proba a creatividade de toda a familia, Inventakit, un xogo para poñer a proba a capacidade creativa. Unha escena, un reto e a pensar….

http://www.ignacioizquierdo.com

Porque xogar e desfrutar da creatividade non ten idade. Esperámosvos en Chafarís!

Apertas e axoúxeres.

Chegou Don Entroido…..

Vai chegando o tempo de disfrazarse .. as rúas énchense de  personaxes televisivos e comerciais… unha sucesión de disfraces repetitivos… son poucos os disfraces creativos e orixinales ¡que monotonía!.. todos parecen clonados.

Volvémonos tolos buscando ese disfraz… e o Entroido é unha festa creativa, chea de cor, maxia e ledicia. E que xa o decía  Gianni Rodari en Gramática de la fantasía :

“El juego de disfrazarse, aparte de su importancia simbólica, resulta siempre muy divertido por los efectos grotescos que conlleva. Es teatro: ponerse en el pellejo de otros, hacer un papel, inventarse una vida, descubrir nuevos gestos” para recrear un mundo imaxinario, para xogar a ser, para moldear a realidade e deixar paso á fantasía. Deixar voar a imaxinación e deixarse guíar pola diversión. Eso é o que buscamos no noso Chafarís… que os disfraces estén presentes na casa, todo o ano, porque disfrazarse é un xogo simbólico-imitativo a través do que imitan situacións ou profesións, crean as súas propias personaxes reais ou fictias, representan o seu día a día, ensaian roles, personifican animais, establecen relacións sociais posibles ou ” imposibles”, expresarse, emocionarse, imaxinar,… un xogo moi completo no co que se desenrola o campo verbal, expresivo, social e creativo…..polo que vos recomendamos (se non o tedes xa) un baúl, caixa, ou espazo con disfraces na súa área de xogo para que experimenten e xoguen con eles.

Princesas, príncipes, superhéroes ou superheroínas, piratas, astronautas, , bruxas ou bruxos, magos, indias ou indios, médicos, ciruxanos,  xoaniñas, bombeiros, dinosaurios, fadas, bolboretas,…… personalizados e diferentes.

¿Que ides atopar no noso Chafarís?

  1. Capas, a maioría reversibles para desfrutar o dobre.. Capas simples ou con accesorios que permitan aos nenos vestirse como eles se sintan cómodos e xogar a ser… Unha boa maquillaxe na cara e xa temos o disfraz listo!.

2. Complementos para algún disfraz que teñades pola casa ou para personalizar o disfraz como máis vos guste.

3. DYI, faino tú mesmo, personaliza pintando e decorando as tuas ás, tutú, capa,… etc.

4. Ou se preferides un disfraz completo.. tamén atoparedes en Chafarís cousiñas como… entre outros:

E máis en tenda..

Propoñémosvos un xogo.

A caixa dos disparates:

Para esta actividade necesitamos:

– Unha caixa ou baúl.

– Roupas e complementos vellos.

– Follas de papel o cartulinas.

– Unha bolsa.

Dentro da caixa ou baúl colocamos diferentes prendas de vestir e obxetos (sombreiro, sábana, peluca, variña, parche, pano, bufanda, saia, bolso,…. en definitiva aquilo que teñamos pola casa e sirva para a actividade). Nunha bolsa introduciremos pequenas tarxetas con palabras ou dibuxos. Collemos un elemento da caixa e unha tarxeta, con estos dous elementos tal vez disparatados teremos que construír unha micro historia, inventar unha utilidade, intentar relacionalos ou simplemente improvisar,…

As historias ou improvisacións serán absurdas i extravagantes. É unha actividade que potencia a imaxinación e desenrola a creatividade, mentres se traballa a reflexión, improvisación, decisión, vocabulario, linguaxe expresivo e dicción.

Que a vida é un carnaval cheo de comparsas de alegría, contaxiádevos da súa maxia e a volar polas rúas inundadas de cor… e si podedes poñede unha pizquiña de creatividade!

Pilla a oferta

Boas!.

Como xa sabedes estamos de rebaixas…. están a piques de rematar… e en Chafarís chega o remate final… ¡os ofertóns!.

O 31 de xaneiro é o último día, chega febreiro e con él o mes da troula do Entroido… (en Chafarís tamén teremos disfraces e complementos..).

Que vai pasar o luns 30 de xaneiro no noso Facebook?

atencion-este-luns-30-de-xaneiro-no-noso-facebook-lanzamos-ofertons-se-o-pillas-sera-teu

O noso Facebook vaise encher de ofertóns ,cada hora, si sí cada hora, así que hai que estar moi atento ás publicacións xa que só estarán dispoñibles 1 hora. É dicir lanzamos o ofertón e tedes de prazo 1 hora para poder pillala, hai que ser rápido, se vos interesa só tedes que comentar Pillado e poñervos en contacto con nós para reservalo.

Así que si tedes cumpreanos á vista, comunións, bautismos ou simplemente queredes aproveitar a oferta non vos despitedes que os ofertóns voan!….

Recordade cada hora unha nova, comezará as 10:00 de mañá, ás 14:00 h da tarde sairá un lote de productos e teredes ata ás 17:00h para pillalo, e volta a comezar  outra vez cada hora.

Todas as ofertas pilladas deben recollerse o mesmo luns ou nun máximo de 24 horas. No caso de que non vivades en Santiago de Compostela terán que ser pagadas no mesmo prazo para o seu envío ou custodia. (so faremos envíos a Galicia).

É fácil non?. Que vos parece?  Quedanvos dúbidas?.

Bicos con mel.

Chafarís.

Benvidos

Chafarís comezou a debuxarse hai xa uns catro anos, pouco despois de que a nosa pequena nacera. Pasiño a pasiño foi brotando e finalmente floreceu en maio do 2016. Coma unha árbore que semementas e vai medrando pouquiño a pouco pero sen parar nunca de regala nin mimala.

O noso Chafarís non é só unha xoguetería, é un espazo aberto a familias, mestres, avós, profesionais da educación,…. e en xeral a todos aqueles que non perderon a ilusión de xogar, imaxinar e soñar.

Que atoparedes no noso Chafarís?

Xoguetes que deixen voar a imaxinación e a creatividade, seleccionados con moito agarimo, de madeira ou plástico (reciclado ou libre de BPA) e sen pinturas tóxicas. Ciencia, arte, construcción, puzzles, libros, Lps ….. xoguetes de 0 anos a… Onde está o límite? nas gañas de xogar……

Preguntade, probade, porque xogar é algo moi serio….

 “Todos los aprendizajes más importantes de la vida se hacen jugando”, Tonucci.

Benvidos a noso blog, esperamos que vos guste e vos sexa útil.

GRAZAS.

Bicos e axóuxeres de Chafarís.